A noitiña do sábado Vilalba ofrecía dous novos concertos, por unha banda un moi rockeiro Raimundo Amador pasadísimo de watios, seguidos dos Som do Galpom que viñan ás carreiras do Foundation Reggae Festival, en Culleredo. Dous estilos totalmente distintos. Dous concertos caralludos. Por unha banda Raimundo Amador comezou máis rockeiro ca nunca pero sigo pensando que está medio xordo, porque o volume do directo mesmo facía dano nos ouvidos. A asistencia era bastante boa, aínda que xa non tanto a participación: coma sempre na Galiza, cando nos decidimos, é tarde. Aínda así uns cantos grupiños colaboramos ben coas míticas Candela, Pata Palo, Bolleré... Ay que gustito pa mis orejas. O bis tiverono que facer sen que llo pediran, claro que o tema dos bises ha pasar á historia en breve, se non pasou xa, dame a impresión. Polo menos nos festivais eche así, tócase o tempo estipulado e que comece o seguinte, é o que hai, non si? Ben, rematado o Amater, aínda tardaron ben en subirse os d'A Moninha, pero facer dous bolos nunha noite ten os seus atrancos; o público fuxiu. Aínda así, a pesares da espantada da xente, uns moitos polo frio e outros moitos por que ...