Non cheguei a Facto Delafé y Las Flores Azules xa que Munster estreábase na Copa de Europa de Rugbi e o primeiro é o primeiro; o suposto fotográfo deste blogue que traballa menos que o do BOE, di que estiveron ben o grupo de indie-pop de Barna; eu logo de botar unha ollada -ou orellada- ao seu myspace e coñecendo o seu estilo coido que non perdín nada. Pola contra díxome que Pastora non. Mais eu que aí si que cheguei, algo tarde, pero cheguei, digo que si; non será para botarse a chimpar, pero velaquí si que foi un xeito agradable e divertido de usar as máquinas das que se encarga Caïm, a voz da Dolo mola -e as súas pernas tamén, redios... ninguén ten fotos?-; e todo mesturado coas imaxes manexadas por Pauet, fan do seu un espectáculo diferente ao dos demáis, e iso hoxe por hoxe xa é abondo, se por riba é agradable aos ouvidos pois mellor que mellor. Tardaron un bo pedazo en saír facer os bises, e é que a cantante mudouse por un curto e robótico vestidiño azul para facer as últimas, entre as que caeu a inevitable Lola. Logo uns de Lugo, ...