Andaba no bico de todos nos bolos previos, segundo ían chegando as novas, do pouco ou nada que íamos ter neste San Froilán. E así está sendo, e vai ser. O panorama musical galego atópase nun intre espectacular, con grupos a mancheas dando concertos caralludos e estilos musicais a rabear de variado. Electrónica, ritmos africanos, novas músicas, fusión, cumbia, reggae, rap, ska, blues, punk, rock, garaxe, metal, festa-rachada, folk-rock, jazz-folk, folk-fusión, heavy-folk, folkeukesei... Temos de todo o imaxinable e do que non ande no maxín tamén. E quen ven ao San Froilán? Ninguén. No sanfro ten que haber de todo, dacordo, si, incluso deses... Mais desta volta dos que pasaron foron de nós; agás os que entrevista El Progreso que están todos encantadísimos da vida; xa hai que atinar ben. O colmo do despropósito chega o Domingo das Mozas: quen toca ese día? Sen comentarios.