De remate das vacacións, xa sen cartos e sen folgos, o cartel do Festival do Castro era atraínte de máis así que aló aparcouse a festifurgo. Daba a entender dito cartel que os Festicultores Troupe habían tocar no torreiro amais de na rúa, mais non foi así; unha mágoa. E o que son as cousas, de non ver nunca ao vivo a Quempallou, a ter a oportunidade por terceira vez neste ano (dúas en realidade, no d'A Chaira houbo xogo revolto) e os tipos fanno caralludamente na música, na mensaxe e na involucración do persoal. Esa camiseta de Castelao que leva o cantante, de onde a sacaría? Quero unha ostia! De Loretta Martin, que viñan a seguir, non escoitara máis que o nome, e sorprendeume moi gratamente, pero que moito, o seu funky en galego, parabéns meus, quedades fichados para o futuro. E logo veu o efecto Lamatumbá; non sei de onde saiu tanta xente, porque pola vila de Pantón non había tal cantidade. Foi coma unha aparición máxica, en saíndo os ourensáns aquelo estaba a petar; da actuación e a reacción da peña que vou dicir, Dolores, Licor Kafé, O Reggae dos Mariñeiros... Coido que non fan falla máis ...