Welcome to Tijua... Galiza?
O corpo mallado froito da falta de adestramento no cultivo da festa. O esprito en loita pola nosa lingua e terra nai. Amolado ata que todos os días do ano sexan dezasetes de maio. Coa alma rachada, ferida pola señardade da ausencia da única persoa que me importa neste puto mundo. Cos ouvidos cheos de sons máxicos de acó e de acolá. Hoxe un zombi na rutina cotiá. Cos ouvidos cheos dos sons d'Os Zarambeques, Kepa Junkera, O Sonoro Maxín e Radio Bemba.
A suspensión do concerto do venres de Manu Chao e Radio Bemba en Monforte deume a oportunidade de achegarme a gozar co saber dos povos na Festa da Marosa. De aperitivo unha rica conversación mollada cunha Estrela ofrecida polos meus contertulios compañeiros de furgofesticultura; e a seguir abrían lume uns da casa galega, grupo folk con raíces na música máis tradicional dos nosos gaiteiros. Unha pausa, un bocata, e por segunda vez na miña vida, a calidade de Kepa Junkera e os seus músicos volve deixarme abraiado: un placer para os sentidos que recomendo a calquera que non tivese aínda a oportunidade de acudir a un directo do trikitilari. Aquí tocou coma sempre, sen se ...