Esta finde acontecían en Lugo, entroutros, dous concertos totalmente distintos; dous artistas diferentes, onde a única coincidencia radica na inicial -e no acústico-. O Club Babel traía por cinco lereles a Miki Nervio & The Bluesmakers e Lugo Cultural comezaba a Semana de Benvida con Manecas Costa & Narf.
O venres pois, a Babel enchíase dos máis puros sons bluseiros dos anos 20 e 30 feitos por este grupo coruñés que leva 15 anos adicándose a facer blues e que non era difícil atopalo tocando nas rúas herculinas. Dos inicios máis eléctricos foron mudando cara un blues máis antigo e acústico no que inclúen instrumentos coma a guitarra de aceiro, harmónica, banjo, o mítico kazoo e mesmo unha táboa de lavar na que o percusionista entra en trance cos seus dedais, e que foi o que se puido escoitar o pasado venres en Lugo. Everybody's fishing, Kansas City, Crazy About You e moitos outros coñecidos temas de Miki Nervio, que ademáis do kazoo e das voces toca a guitarra no ar, caeron na sala lucense cun son bastante defectuoso e nun ambiente raro, raro, raro, onde os menos coido que eramos os que fumos ver o concerto.
Xa o domingo á noitiña, ...