E deron un bo concerto con moito rock, pouca cumbia e non moita patria: faltou Anselma para desgusto do que suscribe e moitos outros. Aínda así algunha das míticas caeu e os tipos portáronse a pesar de que estabamos catro gatos mirando o conto. Polo que respecta ao concurso, gañaron con total xustiza os d'A Moninha, en Santiago, non sei que fago, non sei que fago, en Compostela moita tela, fumando petas cos meus colegas... ou sexa, Som do Galpom; tiña mágoa de que, por motivos que xa confesei por aí abaixo, non lles fixera moito caso no Festival da Chaira, e ben que me gustou nesta segunda oportunidade a súa mestura de funky, reggae e rap. De Loba Loo pouco podo dicir mal que me pese, xa que foron os primeiros en saír e cando cheguei debían ir polo penúltimo tema; o que está claro é que a cantante ten unha vozarrón de moito carallo (isto era folk?). Os seguintes, en categoría rock, os rapaciños de Boiro, Sínefres, que xa vira en Ribadeo coa mesma impresión: a música ben, bo rock, pero á voz da cativa quédalle moito que madurar. Chegou a quenda da mestizaxe e dos xa mentados ...