Semella que non hai xeito de rematar a tempada festivaleira e cáseque imitando o nome daquela segunda parte do mítico e adictivo xogo dos Lemmings vou berrando... Oh, no! More festivals cara Monterroso, onde a xente d'O Teixo organizaba estoutra troula. Un da Asociación Cultural e Deportiva poñíame ao día do evento mentres maltiraba unha caña: seica outros anos xa fixeran algún concerto e que o festival non nacía con grandes pretensións, advertíndome de paso que a cousa ía con algo de retraso; mais non levaba mala pinta, utilizando o interior d'A Cúpula cun escenario e unha barra, máis outro tanto baixo carpa no exterior. E con retraso comezaba no interior o grupo local Nemetos, que non o fixeron nada mal, aínda que o estilo -que era o mesmo de todo canto grupo de raparigos que empeza- non aportara nada novo. Os Malabares, fóra, non era un grupo... eran malabares, en fin a miña neurona... O son no interior non ía moi alá como era de esperar, ademáis de faltarlles o cantante (ou iso me dixo un seu familiar coñecido meu) ao seguinte grupo local, Xenro, que con estas premisas plantábase no escenario e facían o seu bolo ante a ...