SanFro part chú
Tags: lugo, pastora, safari orquestra, san froilán, the ellas
Non cheguei a Facto Delafé y Las Flores Azules xa que Munster estreábase na Copa de Europa de Rugbi e o primeiro é o primeiro; o suposto fotográfo deste blogue que traballa menos que o do BOE, di que estiveron ben o grupo de indie-pop de Barna; eu logo de botar unha ollada -ou orellada- ao seu myspace e coñecendo o seu estilo coido que non perdín nada. Pola contra díxome que Pastora non. Mais eu que aí si que cheguei, algo tarde, pero cheguei, digo que si; non será para botarse a chimpar, pero velaquí si que foi un xeito agradable e divertido de usar as máquinas das que se encarga Caïm, a voz da Dolo mola -e as súas pernas tamén, redios… ninguén ten fotos?-; e todo mesturado coas imaxes manexadas por Pauet, fan do seu un espectáculo diferente ao dos demáis, e iso hoxe por hoxe xa é abondo, se por riba é agradable aos ouvidos pois mellor que mellor. Tardaron un bo pedazo en saír facer os bises, e é que a cantante mudouse por un curto e robótico vestidiño azul para facer as últimas, entre as que caeu a inevitable Lola. Logo uns de Lugo, Emilio nas voces, Álvaro (Dr Think) nas bases electrónicas, Rulos co saxo e a traveseira e Laura no baixo -ou o que é o mesmo, Safari Orquestra-, todos eles con ampla experiencia en varios proxectos e formacións, subían ao escenario acompañados nesta ocasión da grandísima voz de Najla Shami, o que lles deu un puntiño de soul, máis de fusión se cabe. Fíxose curto o seu concerto, no que non faltaron o gran tema Distancia (que tamén forma parte do disco d’A Per Loca) e unha orixinalísima versión de Saudade do primeiro cantante de soul galego, como dixo Emilio na súa presentación, e que forma parte do disco Manifesto Dobarrista. Abandonei a Dr Think na súa sesión DJ que pechaba o bolo -era cedo de máis para iso- e fun na procura dos EstoupaCaldeiros que andaban a tocar pola rúa.
vouche tirar das orellas por eses comentarios sobre os concertos do día 12 en Lugo, jajaja…e que mira, eu sonche de todos eses “a muerte”, rancios ou non, de Hespaña ou non, creo que morrerei escoitando TODO o que teña que ver con algún dos compoñentes de Siniestro Total, Def Con Dos ou Os Suaves….estén morrendo, estén acabados ou estén afónicos, dame igual…hai un cariño dende que era unha nena pequena con mandilón no colexio. E sonche asi louban Viches o d’O Castanhazo? Isso sim que tem boa pinta Venha… muito obrigado polas fotos, polo festi, por inaugurar os comentários. Zenkiu verimach
pois nom queiras saber a minha opiniom d’Os Suaves…. fiuuuu fiuuu












2 Comentários, Comentar ou Fazer Ping