…q nom dBirloz

Festival Sitio Distinto

Tags: , , , , , ,

DianaDianaDianaDianaDianaDiana

Semella que non hai xeito de rematar a tempada festivaleira e cáseque imitando o nome daquela segunda parte do mítico e adictivo xogo dos Lemmings vou berrando… Oh, no! More festivals cara Monterroso, onde a xente d’O Teixo organizaba estoutra troula. Un da Asociación Cultural e Deportiva poñíame ao día do evento mentres maltiraba unha caña: seica outros anos xa fixeran algún concerto e que o festival non nacía con grandes pretensións, advertíndome de paso que a cousa ía con algo de retraso; mais non levaba mala pinta, utilizando o interior d’A Cúpula cun escenario e unha barra, máis outro tanto baixo carpa no exterior. E con retraso comezaba no interior o grupo local Nemetos, que non o fixeron nada mal, aínda que o estilo -que era o mesmo de todo canto grupo de raparigos que empeza- non aportara nada novo. Os Malabares, fóra, non era un grupo… eran malabares, en fin a miña neurona… O son no interior non ía moi alá como era de esperar, ademáis de faltarlles o cantante (ou iso me dixo un seu familiar coñecido meu) ao seguinte grupo local, Xenro, que con estas premisas plantábase no escenario e facían o seu bolo ante a súa xente o mellor que podían. Xa noite, xa fóra, xa coa birra facendo o seu traballo, Ataque Escampe atacaban os instrumentos -nunca mellor dito, perdín a conta das cordas rachadas polo guitarra-, e polo visto tamén lle atacaran ben aos “postres” na cea, que se os fixo aínda máis simpáticos tamén lles rebaixou un chisco a calidade musical, mais a festa estaba servida cos temas do seu Galicia es una mierda, ou como reza nas camisolas, La Galice C’est Une Merde. Sobre os popeiros d’O Grove Nadadora, que viñan despois, só podo dicir unha cousa: insufribles. Ou o que é o mesmo, momento bocata, que boa falla facía; e cando a furgo deixou de tremer co chunda chunda, mentinme dentro da cúpula para ollar abraiado o particularísimo show do Leo i Arremecághona; punki-retranqueiro-provocador-travestido, difícil de catalogar a súa atinadamente curta actuación. Saíndo pola porta do multiusos Xurxo Souto e compaña xa estaban preparados, e aquí si que foi festa rachada; coa súa forza habitual, boa, moi boa actuación d’Os Tres Trebóns, ideal para retomar as miñas relacións co LK, rachadas alá por Pardiñas, e que por certo serviume o último culín esta loira tan riquiña (grazas polo negro, o convite do branco aceptareicho noutra ocasión =)), que axiña subiu a dirixirnos unhas palabras aos asistentes -seica é a presi ou algo da Asociación- e que nos fixo botar unhas boas risas: ela mesma o conta aquí, Diana, Diana, Diana…! Hahaha, espectacular! As indubidables dotes de bo comunicador do Xurxo axudáronlle a atopar o fin de discurso que procuraba. E para celebrar a miña reconciliación co negro licor, tocaron, cantaron e cantamos berramos a mítica Licor Café. E ala, adentro again. Aí viñan os Novedades Carminha; o seu rollo punk é demasiado antigo para o meu gusto, mais ten os seus siareiros. Todo o contrario de antigo é o estilo de GalegoZ, resumámolo en fusión, e se xa me gustaran no Cultura Quente do ano pasado, conquistáronme definitivamente no Sitio Distinto. Capitán GZ, Non quero ir fóra, tampouco faltou o serrucho do Pulpiño Viascón, nin a mítica Meu amor. A festa para quen a traballa, si señor. Don forguét mi in de ooooooouxaaaaaan, uououooooo, in de ooooooouxaaaaaan!!!! Fantástico. Non agardei polos DJ’s. Vou vello e canso.

Fe de erros. O cantante de Xenro SI estaba.

Un par de vidrios do Pulpiño para amenizar porque non teño fotos ningunha deste festi… Xa temos fotos grazas a Diana!!! De puta madre…. :D

2 Comentários, Comentar ou Fazer Ping

  1. Olé!!
    por fin podo escribir neste flog tan bonito!, e que estos días non me deixaba entrar, non sei por qué.
    Estou na obriga de escribir algo por iso de que “hai un enlace directo ao meu flog”, asi que direi que o festival saíu DE PUTA MADRE e para o ano temos previsto volver a montar algo semellante, ou mellor se cabe a posibilidade!. Quedamos encantados ca xente dos grupos, que á súa vez, tamén quedaron encantados con nós…todo saíu ben…
    Bueno, hai que dicir que o licor café non o “tasamos” ben (¿non si louban?, jaja), pero de todos os erros se aprende!, para o ano que ben, litros e litros e máis litros…hasta que rebentedes carallo!!

    Bueno, marcho xa!

    SAÚDEEEEE!!

Olark Livehelp